Quickribbon Coro Polifónico de Entenza

BIENVENIDOS A NUESTRA PÁGINA

Somos un Grupo de Salceda de Caselas (Pontevedra) entusiasta de la música polifónica.
Nuestro objetivo es el enriquecimiento musical y humano facilitando el encuentro con grupos de Galicia , España o Portugal .Además de participar en bodas u otras celebraciones de carácter lúdico, religioso o benéfico.

ÚLTIMA HORA

****14 de Outubro VIII MOSTRA DE CORAIS EN SALCEDA DE CASELAS

Busca aquí las entradas por fecha.

lunes, 16 de octubre de 2017

Concerto en Villablino

                O vindeiro sábado 21 de Outubro, nos desplazaremos a localidade leonesa de Villablino para participar no concerto que se celebrará  as 20:30 horas na Igrexa de San Miguel de Laciana.Acompañaremos a o grupo Xaleu e a anfitriona Coral Sta.Bárbara desa mesma  vila.


Crónica da VIII Mostra de Corais.

                 Bo concerto o celebrado o pasado sábado no Auditorio Municipal de Salceda.Os 150 asistentes poideron escoitar temas clásicos, habaneras e temas galegos.O concerto comezou puntualmente e estivo presentado con nota polo noso compoñente Gerardo.
                 Contamos e agradecemos a presenza do noso alcalde e da concelleira de cultura a quen lle amosamos o noso recoñocemento polas moitas atencións.Salientar a presenza destacada de Rimas Zdanavicius,toda unha personalidade no mundo da música e da polifonía.
                  Os coros participantes fixeron o seu traballo amosando diferentes estilos que o respetable premiou batendo  palmas.O concerto rematou ca entrega dun agasallo conmemorativo e un viño galego.                        Para rematar, expresamos o noso agradecemento a Coral da Asociación de Amigos da Música de Verin e a Coral Máximo Gorki de Vigo polas súa participación e a  Fecoga, Xunta de Galicia e Concello de Salceda por facer posible esta celebración.
Coral de Verín.



O noso presentador , Gerardo.

Coral Máximo Gorki.


Coral de Verín.

O coro de Entenza.

Coral Máximo Gorki.

Coro de Entenza.

martes, 3 de octubre de 2017

lunes, 2 de octubre de 2017

Crónica do XX Aniversario

            Abofé ca  celebración do noso XX Aniversario foi satisfactoria.Non botamos moitos foguetes nin saímos nos xornais.Foi unha celebracion sinxela pero emotiva que serviu para lembrar 20 años de traxectoria.Para lembrar tamén a todas as persoas que  co seu esforzo e adicación fixeron posible esta realidade.Por eso os agasallos entregados a catro dos membros fundadores que aínda seguen a cantar, foron máis que merecidos.
            O sábado 30 de septembro fixemos un concerto no Centro Cultural, onde o Coro de San Miguel de Oia e nos, fixemos o posible por satisfacer o numeroso público.Lamentablemente non pudo acompañarnos o Coro Ventos do Val, pero sí estivo o seu presidente que xustificou a ausencia do seu grupo.A él lle entregamos un agasallo conmemorativo da data.Dende aquí enviamos moitos ánimos a súa directora.
            O domingo 1 de Octubre, tivemos un apetitoso xantar de confraternidade con tarta de cumpleanos incluída para conmemorar a data.Xantar a o que tamén  asistiron o Alcalde e a Concelleira de Cultura.
             Para rematar queremos expresar o noso agradecemento a todalas persoas e entidades que a o longo destes 20 anos colaboraron con nosa asociación.
            
Coral de San Miguel de Oia.








           

martes, 12 de septiembre de 2017

CONCERTO XX ANIVERSARIO

 O  vindeiro 30 de setembro as 9 da tarde,no Centro Cultural de Entenza , celebraremos un concerto para significar o noso XX Aniversario.Teremos connosco a Coral Ventos do Val de Petelos- Mos e tamén a Coral a Lira de San Miguel de Oia - Vigo.


lunes, 31 de julio de 2017

Misa dos Patróns

O vindeiro domingo 6 de Agosto as 12 da mañan , cantaremos na Igrexa parroquial de Entenza, a misa na honra dos santos Xusto e Pastor , patróns de Entenza.

martes, 30 de mayo de 2017

Crónica do concerto no Porriño

                    Pode que a data do concerto non fora a máis axeitada por mor da celebración do Festival de Cans e pola disputa da final da copa do rei de futbol.Por eso temos que valorar moi positivamente que unhas setenta personas asistiran a o noso concerto.Un concerto de unha hora onde interpretamos boa parte dos temas do noso repertorio.Abofé que foi un moi bo concerto.Por eso os que tiveron o privilexio de escoitarnos bateron as palmas ata que botaron fume.Estamos moi ledos.Foi unha boa e agradable experiencia.
                    Valoramos moi especialmente e agradecemos a Sra. Presidenta do Círculo Recreativo Cultural do Porriño,as palabras que nos adicou o remate do concerto nas que amosou a súa satisfación polo mesmo.Tamén puxo o centro a nosa disposición para futuros eventos.
                    Tan só queda amosar o noso agradecemento a todos aqueles que colaboraron na realizacíon do concerto.A o propio centro , a presentadora, a o Concello do Porriño e a Deputación de Pontevedra.
                  

Quentando motores.

Un aspecto do auditorio


miércoles, 24 de mayo de 2017

Cambios na Xunta Directiva

             Na asamblea extraordinaria celebrada onte acordouse por unanimidade aceptar a proposta para a lección dunha nova presidenta pola dimisión do presidente anterior.De tal xeito que a nova directiva queda como segue:
  •  Presidenta:   Paz Castiñeira Núñez.
  •  Vicepresidenta : Mercedes Núñez Lorenzo. 
  •  Secretario : Juan Carlos Gesto.
  •  Tesoureiro : Laureano Pérez Leirós .
  •  Vocal :  Cármen Núñez Álvarez.
  •  Vocal: Dorotea Fernández Álvarez.
  •  Vocal :  Ramón Abril Victorino.  

lunes, 22 de mayo de 2017

Concerto no Porriño.

                  O vindeiro sábado 27 de Maio 2017, as 8 da tarde, estaremos no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, onde ofreceremos un concerto de música variada do noso repertorio.


Crónica da misa en Parderrubias

            En verdade que cantar a misa nas igrexas pequenas non e doado.O problema xa non  é cantar senon en facelo dun xeito máis ou menos cómodo e con certa relaxación.E claro , non é o caso, xa que o espazo e pequeno e as condicións non son óptimas.Por eso o feito de cantar xa é meritorio.
            Aconteceu tamén que non tivemos connosco a  o noso  director habitual.Polo que Gerardo asumiu o rol de director ocasional para botarnos unha man na dirección.Abofé co fixo con moita maña.Así que a misa cantouse sen demasiados atrancos.Polo tanto obexetivo cumprido.Grazas ! Gerardo.
Onte na Igrexa de Parderrubias.


          

lunes, 15 de mayo de 2017

Festa da Virxe das Dores - Parderrubias.

             O vindeiro domingo 21 de Maio as 12 da mañán cantaremos a Misa adicada a Virxe das Dores, na Igrexa parroquial de Parderrubias.




Igrexa de Parderrubias.

domingo, 7 de mayo de 2017

Crónica da nosa actuación no Mar de Vigo

          Como xa fixéramos o pasado ano , o 30 de Abril tivemos a sorte de poder participar no XI Festival de Habaneras e Polifónia Cidade de Vigo.Tivemos oportunidade de compartir a nosa música con outras agrupacións corais de moitísimo nivel como :
  • Coro Clásico de Vigo.
  • Coral Polifónica do Centro Sportivo de Ponteareas.
  • Coro da Ascociación Musical Pedroso de Portugal.
  • Coro Apostol Santiago de Vigo.
  • Coro Polifónico de Entenza.
  • Coral Polifónica San Roque de Vigo.
        Foi un concerto de moi bo nivel e de diferentes maneiras de entender a polifonía.Así o entendeu a xente que bateu  palmas fortemente no transcurso das actuacións.Estamos satisfeitos de cantar no impresionate Auditorio Mar de Vigo e agradecemos a os organizadores o ternos convidado.Voltaremos.
Coro Clásico de Vigo

Entrega de agasallos.

Coral Sportivo de Ponteareas.

Coral Asociación Musical Pedroso de Portugal.

Coral San Roque de Vigo.
Un aspecto do auditorio.


jueves, 4 de mayo de 2017

Crónica do concerto en San MIguel de Oia

Boa entrada no Auditorio de San Miguel de Oia,para asistir a o  VI Festival de Canto Coral das Autonomías que se celebrou o pasado sábado.Para nos foi unha satisfación atoparnos novamente cos amigos da Coral de Alcorcón e de coñecer os asturianos da Coral Santiago López.Os coros participantes fixeron o seu traballo con dignidade, interpretando temas diversos onde non faltaron os propios da rexión de orixe.Para rematar houbo a interpretación conxunta do Signore delle cime e do Voso Galo comadre.Agradecemos a Coral a Lira de San Miguel de Oia o ternos convidado o evento e as súas atencións.
Coral de Alcorcón-Madrid.

Un aspecto do auditorio.

Coral Santiago López de Pravia-Asturias.


Actuación conxunta.

Coro Polifónico de Entenza

martes, 25 de abril de 2017

XI FESTIVAL DE HABANERAS Y POLIFONÍA


XI FESTIVAL DE HABANERAS E POLIFONÍA CIDADE DE VIGO
Auditorio Mar de Vigo
30 de Abril as 18 h


  • Coro Clásico de Vigo
  • Coral Polifónica do Centro Sportivo de Ponteareas
  • Coro da Asociación Musical Pedroso de Portugal
  • Coro Apóstol Santiago
  • Coro Polifónico de Entenza (Salceda de Caselas)
  • Coral Polifónica San Roque de Vigo

miércoles, 19 de abril de 2017

VI FESTIVAL DE CANTO CORAL DÁS AUTONOMÍAS

               O vindeiro 29 de Abril as 8 da tarde, participaremos no VI Festival Coral dás Autonomías que se celebrará no Auditorio do Centro Cultural de San Miguel de Oia.
               Cada coral deberá interpretar 5 temas dos cales dous deben ser da autonomía que representa.
               Connosco estarán as corais  :
              Teremos o plus de  coincidir novamente cos nosos amigos da Coral Polifónica de Alcorcón, xa que anteriormente estivemos con eles en Candeleda - Ávila.
        

lunes, 10 de abril de 2017

Crónica do concerto en Guillade

         Ateigada de xente estivo a  Casa Cultural de Guillade, no Encontro Coral de Primaveira que alí se celebrou. Foi un encontro entre amigos e vellos coñecidos onde as corais participantes amosaron o seu saber.Por primeira vez interpretamos o tema Flor Tropical , do mestre Rey Rivero.Unha fermosa habanera a que lle temos que sacar máis rendemento.Por outra banda, os nosos amigos da Coral de Guillade e A Lira de San Miguel de Oia  amosaron a evolución do seu traballo de xeito satisfactorio.       
        Agradecemos o convite e as atencións a Coral Ars Cantorum.
O noso coro quentando vocess

Coral A Lira de San Miguel de Oia

Coral Ars Cantorum de Guillade
 

miércoles, 22 de marzo de 2017

Concerto de Primaveira en Guillade

            O vindeiro 8 de Abril as 21 horas estaremos na Casa Cultural de Guillade - Ponteareas, para  participar no Concerto de Primaveira .Compartiremos o concerto ca coral organizadora Ars Cantorum de Guillade e a Coral A Lira de San Miguel de Oia- Vigo.
 

lunes, 2 de enero de 2017

Crónica do estreo da suite Saliceta

Extraordinario estreo da Suite Tradicional Galega" Saliceta"
Impresionante obra  do director  Juan Lois Diéguez, que na presentación da mesma o pasado venres fixo que o ateigado auditorio se quedara pequeno.Foi un fermoso concerto cheo de sensibilidade, de forza e de imaxinación que non esqueceremos.
A suite baséase  nas sete parroquias de Salceda representadas na obra por sete movementos:
-Alborada dos "Mártires de Sobredo" (adicado a Soutelo) cos Gaiteiros Solistas da Banda Ismael e Abel.
-Pasodobre do Castro das Coruxeiras (adicado a San Xurxo) cos Grupos de Gaitas do Concello.
-Foliada da Casa-Grande (adicado á Picoña) coas "Donicelas".
-Canto de Cego sobre o Rancho de Reis (adicado a Sta.María)
-Pandeirada da Volta da Moura (adicado a Sto.Estevo de Budiño) con poema de J.M.Xespi.
-Muiñeira do Penedo da Cerdeiriña (adicado a Parderrubias) cos Grupos de Baile Tradicional do Concello.
-Alalá do Castelo da Turonia (adicado a Entenza) coas Corais Polifónicas de Entenza e Sta.María.

Parabéns a Juan Lois Diéguez compositor da obra, a J.M.Xespi polos seus versos e a súa presentación, a   Banda de Música Cultural de Salceda e a todolos grupos participantes.
Unha ollada do esceario.

Síguenos por correo electrónico